UN PUNTO DE LUZ

O proxecto N-550 nos permite, entre outras cousas, establecer un paralelismo moi directo entre a industria do automóbil e a pseudoindustria da vivenda (dise agora que pasamos da economía do ladrillo á do pladur…)
Lin, fai uns meses, un artigo de prensa no que se dicía que Miguel Sebastián, Ministro de Industria “dará axudas de ata 7.000 euros para mercar coches eléctricos”. No desenrolo da noticia dicíase que: “O obxectivo é pór en circulación entre este ano e o próximo 2.000 vehículos eléctricos nas cidades españolas, o que suporá, ao substituír a outros tantos de gasoil e gasolina, un aforro enerxético anual equivalente a 2.772 toneladas de petróleo e -segundo as estimacións oficiais- evitaría a emisión de 4.471 toneladas de CO2 ao ano”.

É dicir, unha marabillosa nova na que semella que a implantación do coche eléctrico vai ser un gran revulsivo, tanto polo pulo económico que vai xerar, coma polo desacougo medioambiental que vai supor.

Pois ben, isto é algo sumamente contraditorio se o comparamos co que está a suceder no eido residencial. Isto é, coa aparición do Código Técnico da Edificación (CTE), e máis concretamente co desenrolo do Documento Básico de aforro de enerxía, un tema que se puxo de releve é o CONSUMO dos propios edificios. Faise unha co-relación entre a eficiencia e o tipo de enerxía empregada nas nosas instalacións (produción de auga quente sanitaria, calefacción, etc.); a cada fonte de enerxía se lle asigna a súa correspondente emisión de CO2.

Velaquí unha táboa na que se reflicte o comentado:
Gustaríame que vos fixarades na carga de emisión de CO2 que o CTE lle atribúe á electricidade. ¡Está por riba das enerxías fósiles !


A explicación que obtiven no seu día, no caso do CTE, é que a electricidade procede de moi diversas fontes (hidroeléctricas, térmicas, nucleares, eólicas, solares, etc.), e a maioría delas si leva implícita unha carga de emisións, por non falar do impacto ambiental ou visual.

Volvendo ó principio, a esa relación casa / coche, queda facerse unha pregunta, premíase a utilización de coches eléctricos, sen embargo, penalízase moi fortemente o emprego da electricidade nas instalacións dos nosos edificios; coches eléctricos si, vivendas eléctricas non?

Anuncios

Un Comentario

  1. Bravo moz@os!Moi interesante isto que andades a facer!Saúdos!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: