Camiño de Santiago Portugués e N-550

O Camiño de Santiago ten unha relación moi estreita coa N-550. Nas súas últimas etapas, os peregrinos percorren a ratos a estrada da nacional. Non resulta estrano atopalos camiñando cargados coas suas mochilas cando tes que viaxar pola N-550. As veces van en grupos numerosos, outras van sós, en bicicleta ou a cabalo; pero son dos poucos que percorren as beiras da nacional. Coma formiguiñas, van facendo camiño cara Compostela e danlle vida humana a unha estrada acostumada ós automóvis.

Dous camiños son máis empregados para unir nas peregrinacións dende Portugal cara Santiago: o camiño pola costa dende Lisboa e a ruta do interior, saíndo por Faro, Tavira e Lagos.

Na etapa 12 do camiño pola costa, os peregrinos comezan a percorrer a estrada N-550 a partir de Porriño. Tras chegar a esta localidade, atoparemos Redondela, Cesantes, Sotoxusto, Arcade, Sotoxusto, Arcade,Paredes, Figueirido, Marcón e Pontevedra.

Continuando pola mesma carretera nacional N550 chegaremos a Cerponzons, Portela, Barro San Antoniño, Portas Currás, Caldas de Reis, Bemil, Carracedo, Ponte Valga, Enfesta (onde atravesaremos o río Ulla que desemboca na ría de Arousa e que fai fronteira entre a provincia de Pontevedra e A Coruña) e, finalmente, Padrón.
Este traxecto é dificultoso debido á orografía da zona, que é montañosa, polo que hai que subir continuos portos.

 Xa na etapa nº 13, e seguindo pola N-550, percorreremos as localidades de Escravitude, Casalonga, Amenello e Milladoiro; para chegar por fin a Santiago de Compostela. Cabe dicir que non iremos todo o tempo pegados á carretera, senón que as veces teremos que adentrarnos un pouco por pistas de terra e camiños de aldea debidamente sinalados.
Isto non é así sempre. As veces hai que ter tino coa sinalización, xa que un pequeno erro pode levarnos a percorrer kilómetros en balde…


Anuncios

  1. ilen mares carlindo

    Muito bom, otmo este camino, vamos fazer em 2014. fizemos o camino frances em setembro de 2012

  2. ilen mares carlindo

    otimo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: