a nacional quere pobo…

Este verán tiven a oportunidade de achegarme á lectura do libro a terra quere pobo, de Xosé Luís Barreiro (editorial Galaxia, 2005). Un interesante ensaio sobre a condición pasada, presente e futura de Galiza, abordando diversos temas cunha única ferramenta argumental, a razón

Sen dúbida, aparecen aspectos negativos que non invitan a moito optimismo, mais sempre deixa unha porta aberta a unha nova oportunidade de reinventarse e de proxectarse doutra maneira cara un tempo vindeiro.

A continuación, amoso un dos parágrafos que máis me gustaron e que seguramente entronque dunha maneira máis directa coa filosofía do proxecto nacional 550.

 …A cidade faise difusa, e o habitante do chamado hábitat rural incorpórase ás estruturas laborais, asistenciais e de ocio que antes eran privativas do cidadán urbanizado. Semella unha obviedade dicir que a resposta a este inmenso reto non pode seguir sendo reactiva, deixando que os novos espazos se conformen por vía de feito e acudindo despois a interpretalos e a ordenalos de acordo coas necesidades da vida diaria. Ben ao contrario, creo que chegou o tempo de construír espazos axeitados ás novas formas de vida, que traduzan unha cosmovisión nova e que sexan un complemento esencial do noso diálogo coa natureza e coa realidade social, económica e política.

Non podemos limitarnos a construír -a nosa casa, a nosa familia, a nosa sociedade, o noso centro de traballo ou de ocio, os nosos espazos colectivos, a nosa multiculturalidade e multietnicidade- nun espazo “dado”, que funciona como un constrictor da nova mentalidade. Iso quere dicir que, ademais construír todo o que construímos -estamos no tempo do homo constructor- temos que construír o espazo mesmo, cunhas características que, lonxe de comportarse como un molde que condiciona as novas formas da sociedade global, constitúa tamén un aliciente e un impulsor efectivo dos cambios culturais e dos seus instrumentos técnicos e ideolóxicos…

Anuncios

  1. Acabo de descubrir a Richard Sennett (nunca é tarde…) e tamén fala desa idea de construír espazos ó marxe da disciplina que dicta o urbanismo (como ferramenta). Está ben claro que construimos as nosas casas e a ‘nosa cidade’ nun espazo dado, o problema está na dimensión biopolítica do urbanismo, como o chama R. Sennett, encargada de gobernar, codificar e ‘cuadricular’ as nosas vidas.
    Pois iso, recomendovos ‘Vida urbana e identidad personal’ de R. Sennett (2001).
    Apertas e ánimo no traballo!
    Jorge.

    • moitas grazas pola participación e polo apunte bibliográfico, anotado queda…

      e para acabar de facer tódolos matices posibles (unha de cotilleo) trala túa recomendación dirixinme a wikipedia, quen me di que: Richard Sennett está actualmente casado coa socióloga e economista Saskia Sassen, quen fixo o prólogo do libro urbanalización ¿de quen senón?,¡si! Francesc Muñoz, esperemos que próximo colaborador do proxecto nacional 550.

      deste xeito, e dunha forma moi elegante pechamos o círculo anteriormente aberto 😉

  2. Parajodas de la vida, como diría un antigo profesor meu.
    Non me dera conta… A partir de hoxe non pasarei por alto os prólogos e os prefacios.
    Apertas!

  3. alba

    Pues yo os recomiendo otro libro de Richard Sennett ” Carne y Piedra” una reflexión sobre la diferente relación entre el hombre y la mujer con el espacio urbano a lo largo de la historia.
    Nos vemos en Ourense ;D

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: