Como me dixo o vendedor que me vendeu o iPod, sen inmutarse: “O límite é o ceo.” E o merquei

Grazas ós comentarios aportados neste mesmo blog por Alba e Jorge, a raíz dunha cita de Xosé Luís Barreiro, tiven a oportunidade de descubrir a Richard Sennett.

Aproveito para facer un inciso e congratularme de que este blog tamén sexa plataforma de recomendacións literarias.

As recomendacións feitas no seu día foron respectivamente: Carne y piedra e Vida urbana e identidad personal. Sen embargo, cousas do destino, o primeiro libro deste  autor que caeu nas miñas mans foi o libro titulado La cultura del nuevo capitalismo (ISBN:978-84339-6244-7).

A disquisición que fai sobre as “novas” estruturas de poder que nos gobernan hoxe en día é dunha clarividencia moi notable. Chamou, en especial, a miña atención unha analoxía que fai sobre a arquitectura institucional actual. Asevera que a estrutura tradicional piramidal de poder se desvanece cada vez máis; a nova estrutura de poder que se está a impoñer é aquela que se comporta coma un reprodutor MP3.

O MP3 admite ser programado para que soen soamente unha cantas bandas do seu repertorio. Analogamente, a organización flexible pode seleccionar e executar soamente unhas poucas das súas moitas funcións posibles en calquera momento. Na gran empresa de estilo antigo, polo contrario, a produción ten lugar por medio dun conxunto fixo de actos; os eslabóns das cadeas están rixidamente establecidos. Unha vez máis, nun reprodutor MP3 o que un oe pode ser programado en calquera orde. Nunha organización flexible tamén é posible variar á vontade a secuencia de produción. Nas empresas de programación de software de alta tecnoloxía, por exemplo, a institución podería centrarse nalgunha parcela prometedora e innovadora do traballo de visualización, regresar logo á construción do soporte de código de rutina, o que simplifica a visualización, para pasar finalmente a pensar nas posibilidades comerciais. Trátase dun traballo con orientación propia para cada tarefa máis que dun traballo de función fixa. Os desenvolvementos lineais son reemprazados por unha mentalidade que aspira a saltar dun sitio a outro.

Sen embargo, o motivo polo cal quería pór de releve as verbas deste autor é polo que di máis adiante no libro referido a unha idea compartida nesta investigación sobre a casa-coche.

Para os fabricantes da plataforma, o problema consiste en como facer rentable a diferenciación. Os chimpacés e os seres humanos comparten ó redor do 96 por cento do ADN. A empresa Volkswagen ten que convencer ós consumidores de que as diferenzas entre un modelo Skoda e un Audi de alto standing –que comparten aproximadamente o 90 por cento do seu ADN industrial- xustifican a venta do último a un prezo que duplica con creces ó do primeiro. ¿Cómo unha diferenza de contido do 10 por cento pode inflarse ata chegar a unha diferenza de prezo do 100 por cento?. Tamén é posible encadrar o problema en termos de servizos: a velocidade dun avión podería considerarse a súa plataforma de servizo. O billete medio de clase business a borde dun vo transatlántico custa catro ou cinco veces máis que un billete en clase turista dese mesmo vo, pero o pasaxeiro de business non dispón de catro ou cinco veces máis de espazo nin servizos, e a velocidade é a mesma en tódolos compartimentos do avión. Unha vez máis, nin o Skoda nin o Audi tenden a quedar obsoletos en pouco tempo, pois a súa plataforma é de excelente calidade. Este admirable feito da manufactura encerra unha ameaza económica. Se as compañías realzan as virtudes dunha pura utilidade e a posesión, venderán menos coches, e os compradores-artesanos no sentido de Zukin tenderán a adoptar a mentalidade propia de Skoda.

Desta sorte, o feito de imaxinar diferenzas reviste a máxima importancia na produción de ganancias. Se é posible magnificar dalgunha maneira as diferenzas, o espectador experimentará a paixón polo consumo.

Grazas a Alba e a Jorge, unha vez máis.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: