semi-curado

Onte, coincidindo que non había xornada de liga, viña escoitando no coche unha interesante entrevista ó dono de La Fromagerie, do mercado de San Miguel en Madrid.

Pronto quedei abraiado pola cantidade de cousas que descoñecía do mundo dos queixos.

Ó entrevistado (sintoo, non lembro o nome) pedíronlle que fixera unha táboa de queixos percorrendo a xeografía española, no sentido das agullas do reloxo. Empezou logo por Galicia (co queixo de tetilla, concretamente de San Simón) para logo seguir por Asturias e as súas corenta variedades, pero tan só chegou ata o País Vasco, xa que pronto o interromperon para preguntarlle máis cousas (que fascinante! Narrar un país a través dos seus queixos). Pois ben, unha das preguntas que lle formularon xiraba entorno a unha anécdota persoal do periodista que lle sucedera en Holanda…

O caso é que o entrevistado aproveitou para explicar como funcionaba o tema dos queixos nos Países Baixos. Polo visto, o máis común é que traballen cunha mesma base, é dicir, leite pasteurizado, a partir de aí, as distintas marcas comerciais empezan a engadir distintos compoñentes, dende noces ata especias. Dicía o experto que claro! O feito de pasteurizar significaba eliminar moitos bacterias, tanto as malas como as boas, o cal implicaba retirar moitos dos matices de sabor.

Polo visto, en España, hai unha maior variedade, xa que existen moitos queixos “artesáns” que traballan cunha base de leite cru; onde interveñen unha infinidade de factores, tal como as especies de vacas, cabras ou ovellas que hai na península, a que altura comen, o que comen, o que comen segundo as estacións, etc.etc.

Dicía que, comer un queixo en España, equivale a comer territorio…

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: