arquitectura escrita

Con motivo da visita, comentada no anterior post, acabei chegando a outra exposición, chamada arquitectura escrita.

Digo “acabei chegando”, porque foi dun xeito totalmente involuntario. Seguramente sexa cousa miña, pero pásame moi a miúdo; o feito de non poder seguir coherentemente unha exposición, debido ós percorridos esbozados, totalmente inconexos e misturados. O máis grave, é que me produce un sentimento de ter esquecido algunha parte da exhibición…

En fin, temas persoais á marxe, teño que dicir que esta exposición empeza así (reproduzo os dous primeiros parágrafos):

 La exposición Arquitectura escrita aborda la estrecha relación que desde las primeras culturas históricas hasta la modernidad más reciente ha existido entre Texto y Arquitectura, entre escribir y construir, y pretende impulsar el conocimiento y reflexión sobre estos fructíferos intercambios, presentando, de modo riguroso y visualmente atractivo, algunos de los aspectos principales de esta compleja relación.

Desde el Poema de Gilgamesh hasta autores contemporáneos como Borges, García Lorca, Perec o Umberto Eco, la exigencia de definir y evocar los lugares y espacios que sirven de marco a proyectos teóricos, narraciones, poemas y obras dramáticas ha hecho que con frecuencia esas arquitecturas, sólo construidas con palabras, desempeñen en la literatura papel tan relevante como el de los mismos personajes humanos, constituyendo un privilegiado terreno de cristalización del imaginario arquitectónico de una época. […]

exemplo:

Aparentemente, semella tamén moi atractivo, pero a medida que ía vendo as distintas pezas da mostra me ía entrando un forte sentimento de frustración. Isto é, que alguén se encargue de materializar as ideas, reflexións ou recordos dun imaxinario que, en verdade, é persoal, en tanto en canto un configura as súas propias imaxes mentais, produciume moito desacougo. Polo tanto, pronto empecei a divagar e a centrarme nunha maqueta, lembrando a Ramón, co-autor deste proxecto da nacional e viaxando por terras do norte.

Concretamente, lembreime dun post que colgara fai un tempo no seu blog.

Espero que non se produza ningún colapso no blog por facer unha referencia circular…

bo día das letras galegas!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: