cogito ergo sum

A semana pasada tiven ocasión de visitar a exposición cabañas para pensar, na Fundación Luis Seoane (na Coruña). O propio título, tan suxerinte, convértese nunha boa carta de presentación para achegarse a ver esta fermosa retrospectiva.

A verdade que un queda abraiado cos lugares tan extraordinarios elixidos para a implantación destes refuxios, un auténtico exercicio de pracer. Aínda que, para min, o máis sobrecolledor é sen dúbida a ausencia de calquera ornato ou mesmo mobiliario. Son espazos absolutamente espidos, carentes de obxectos superfluos e cheos de intensidade reflexiva (aquela que desenvolveron os músicos, filósofos ou escritores que habitaron estas cabanas).

Creo que esta exposición exerce sobre un, unha atracción moi particular, xa que nos retrotrae a ese instinto primario, na procura dun lugar onde acubillarse. Seguramente, a etapa que mellor reflicte esta condición sexa a infancia, onde a imaxinación posibilita que calquera curruncho poida devir un lugar máxico para fantasiar e crear un universo propio.

Non obstante, quixera facer unha pequena reseña sobre a cabeceira desta exposición, que me fixo especial gracia. Estoume a referir a un plano do continente europeo, no que se resalta onde se sitúa cada un destes refuxios. Se fixéramos unha interpretación matemática do asunto, obteríamos que o número de cabanas é directamente proporcional co produto interior bruto de cada país na actualidade… (ou case)

 

Déixovos cun halo de esperanza, podendo contemplar a magnífica vivenda que realizou o arquitecto Arturo Franco Taboada e que fotografou Héctor Santos-Díez (pincha aquí).

Anuncios

  1. Ricardo

    Hola,
    Me gusta mucho el artículo, aunque desearía que fuese un poco más largo.
    Por cierto, el enlace al proyecto de Arturo Franco Taboada lleva por error a uno de Fernando Blanco.
    Saludos!

    • Hola Ricardo,
      Nos alegramos de que le guste el artículo, muchas gracias. Estamos también muy agradecidos de que nos advirtiera del problema con el enlace del refugio de Arturo Franco Taboada. Ya hemos subsanado el error. En realidad, ha sido porque Héctor (el fotógrafo) ha redireccionado su página.
      El hecho de que el artículo no sea más extenso, se debe a que pretendía ser un incentivo para que la gente se animara a visitar la exposición, que era muy interesante. No obstante, la Fundación ha editado un libro/catálogo sobre dicha retrospectiva y se puede seguir indagando sobre la materia.
      Saludos y muchas gracias por seguir nuestro blog.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: