Presentacións Proxecto N-550 e Documental N-VI

Proxecto N-550 e Diplodocus Producións teñen o pracer de convidarvos á presentación dos dous primeiros capítulos do proxecto N-550 e do documental N-VI de Pela del Álamo.

As presentacións terán lugar en:

A Coruña,
Martes, 24 de Xullo
20.00h en The Room.
r/ Santiago nº7

Vigo
Venres, 27 de Xullo
20.00h na Sala de Xuntas da sede do Coag Vigo
r/ Doutor Cadaval nº5, baixo

Ao terminar, convidarémosvos a unhas cañas e algo de picar.

Faríanos moitísima ilusión poder vervos alí a todos

Apertas!

————————
O proxecto N-550 pretende ser un lugar de encontro para a análise territorial e diversas accións artísticas. Nace co propósito de indagar sobre a cidade que se espalla inexorablemente por gran parte da xeografía, esa urbe que algúns teóricos coinciden en cualificar de difusa, outros de fragmentada e incluso algúns de global.
No caso de Galicia, poderíase dicir que esta se formula ó redor de grandes infraestruturas, como son a Autoestrada AP-9, o eixo ferroviario Norte-Sur, ou tamén, aquela máis doméstica como a Nacional 550, que se comporta como fío argumental deste traballo.
Partindo da premisa Baudeleriana de atopar o “extraordinario no ordinario”, e como escribiron Robet Venturi e Denise Scott Brown, para este estudo reivindicamos unha viaxe na que un se desfamiliariza dos seus argumentos e se reformula cousas a través do que descubre.

Proxecto N-550. Da estrada á rúa

————————-

“Antes viajábamos por carreteras que atravesaban lugares habitados. Hoy, aquellas carreteras han sido sustituidas por autopistas aisladas del paisaje que atraviesan.
Durante mucho tiempo, la N-VI fue una de las carreteras más importantes de España. Unía Madrid con Galicia a lo largo de 600 km. Ahora la autovía A-6 cubre todo el trayecto. Algunos tramos de la vieja N-VI han desaparecido, otros han quedado casi abandonados, como islas a la deriva, kilómetros de asfalto que empiezan y terminan en ninguna parte, y con ellos las aldeas y pueblos que atravesaban. Lugares de paso donde aparentemente ya no ocurre nada.
En los márgenes de aquella carretera, permanecen sus habitantes, cuyas vidas han quedado encalladas en un presente sin demasiado futuro, desconectadas entre sí, como compartimentos estancos en los que cada uno dialoga a su manera con el paso del tiempo.”

N VI, Pela del Álamo

 

link ao evento en Facebook

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: