fin de acto

Tralas presentacións dos nosos “cadernos de viaxe” en Coruña en Vigo, do mes de Xullo, o pasado Xoves 4 de Outubro, tivemos a ocasión de facer a exposición do noso proxecto na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Santiago de Compostela.

Dende aquí, quixéramos agradecer a tódolos amigos, colaboradores e persoas que se achegaron a escoitarnos; tamén, a todos aqueles que por un motivo ou por outro non puideron estar presentes, pero que nos mandaron os seus ánimos e o seu apoio.

Así mesmo, dámoslle as grazas a aqueles medios que se fixeron eco deste último evento:

dioivo:

la voz de galicia:

el correo gallego:

el correo gallego

artigo de Francisco Pérez Lorenzo, El Correo Gallego, venres 5 de Outubro 2012

Aproveitamos tamén para lembrarvos que esta semana é a derradeira semana para adquirir os dous volumes km 0 e km 36, as vivendas illadas a un prezo de promoción de 20.-€ (+ 2.50.- €, en caso de ter que envialo por correo). Despois, empezaremos a levar os libros a diferentes librarías de confianza e o prezo será máis elevado.

Ó final do acto, do pasado xoves, nos formularon unha pregunta moi concreta: porque a xente é tan pouco coidadosa coa estética das súas vivendas?

A verdade que non souben moito que respostar…, de feito, o proxecto que plantexamos en ningún caso pretendía abordar a dicotomía entre guapismo e feísmo, de tódolos xeitos, se alguén se quere animar a resolver esta cuestión ou a plantexar unha hipótese, este foro queda aberto para tal fin.

Pola miña banda, eu reformularía a pregunta plantexando un escenario inicial distinto. Imaxinemos que tódalas vivendas que se espallan pola nosa xeografía foran iconas de modernidade, dunha beleza sublime ou esteticamente incuestionables. A caso, a organización do noso territorio non merecería unha revisión profunda?

Xulio Turnes Vieito. www.domohomo.es

Anuncios

  1. Xulio, noraboa polo traballo. Aproveito para mandar un pequeno agradecemento: http://eltiempodellobo.blogspot.com.es/2012/10/liebster.html

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: