Home ¿Dulce hogar?

Seguimos coa recopilación de traballos que afondan no estudio das relacións entre as estradas e a arquitectura. Hoxe falaremos da película Home dirixida por Ursula Meier.

(Para non estropearlle a ninguén o visionado do film pregámovos que a vexades antes de ler este artigo)

A directora nacida no ano 1971 en Besançon, Francia rodou este primer filme no ano 2008 co que conseguiu varios premios internacionais. Home é a historia dunha familia de catro membros, unha parella cun fillo e unha filla, que vive nunha casa o carón dunha estrada sen moito tránsito.

A arquitectura ten unha factura sinxela, casi autoconstruida e os espacios domésticos espállanse o seu carón incluindo a vía asfaltada como parte deles. Como se pode ver na imaxen os xogos e os espacios de lecer atópanse no xardín e na estrada. A familia vive feliz nesta simbiose entre espacio natural e artificial ata que un día chegan uns obreiros e comenzan a asfaltar a ruta.

Pouco a pouco os habitantes danse conta de que a estrada que antiguamente tiña un tránsito testimonial vai pasar a ter unha consideración distinta.

Como vemos na imaxe o principio non hai grandes cambios pero chega un día no que a antigua estrada ábrese ó tráfico como autopista e a familia vese avocada a deixar de usar a vía como espacio de lecer. O primeiro gran problema son os beirís metálicos que impiden cruzar de xeito cómodo e despois virán tódolos demas inconvenientes: tráfico, ruido, pérdida de intimidad, contaminación e inseguridade vial.

A película vai contando a difícil adaptación da famili á chegada deste instrumento masivo de desplazamento. Cunha estoica actitude primeiro trasladan os espacios de lecer o xardín adxunto e despois intentan suavizar o tremendo impacto acústico illando a vivienda con poliestireno. As consecuencias de todas estas incomodidades comenzan a afectar os habitantes e o filme remata por ser case un thriller psicolóxico.

Con todo a película é un excelente exemplo para reflexionar sobre as condicións de vida o carón das estradas e explica claramente porque temos tantas vivendas das que se construían acaroadas que se foron abandondando. É realmente difícil adaptalas as novas condicións de uso.

En Galicia e en concreto o carón da N550 atopamos moitísimas construccións deste tipo edificadas en séculos precendentes, antes da chegada masiva do automóvil, que se atopan baleiras e en vías de extinción. No capítulo Km. 36 do noso libro facemos un percorrido por esta e outras singularidades. A nosa sociedade terá que plantexarse que facer con tales arquitecturas e deberá tirar unha lección e decidir si as estradas de conexión supramunicipal poden seguir sendo os eixos de crecemento dos núcleos existentes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: