¡¡¡ últimos exemplares !!!

Dende aquí, queremos darlle as grazas a todas aquelas persoas que se interesaron pola nosa publicación N-550. Da estrada á rúa.

Agora, tan só nos quedan 10 exemplares dos dous primeiros volumes, km 0 e km 36 as vivendas illadas, para esgotar a nosa primeira edición.

Se estades interesados mandádenos un mail a proxecto.n550@gmail.com; o prezo é de tan só 20.-€ + 2,50€ de gastos de envío

PORTADAS

sinopse:

A Nacional 550 é a estrada que vai dende A Coruña ata Tui. En realidade, é  un leitmotiv para analizar esa cidade que se espalla por gran parte da nosa xeografía, esa urbe que algúns teóricos coinciden en cualificar de difusa, outros de fragmentada e incluso algúns de global. No caso de Galicia, este fenómeno concéntrase na franxa atlántica, ó redor de grandes infraestruturas, como a Autoestrada AP-9, o eixo ferroviario Norte-Sur, ou tamén, aquela máis doméstica como a Nacional 550, que se comporta como fío argumental deste traballo.

O noso propósito consiste en retratar como se constrúe o mundo suburbano galego, cales son as súas singularidades, cales son as súas semellanzas no marco dun escenario global, etc. Un discurso tecido con múltiples preguntas, algunhas con respostas, outras sen resolver… Todo coa idea de ir descubrindo unha cidade pouco explorada ata o de agora.

Trátase dun proxecto de creación e ensaio que integra disciplinas técnicas e artísticas, botando unha ollada sobre o tecido construído no eixo atlántico galego. A modo de caderno de viaxe, ou roadbook, fanse diferentes etapas no camiño, analizando, de cada vez, diferentes entidades formais (vivendas illadas, urbanizacións, núcleos rurais, polígonos e cidades medias). Arrancamos coas vivendas illadas e cun pequeno caderno introdutorio…

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: